ÍndiceNavegación

índex català              julio - agosto  n° 43

Cebreiro.Galicia,
mujeres poeta
(I)
María do Cebreiro

 María do Cebreiro Rábade Villar
(Santiago, 1976). Doctora en teoría de la literatura. Escribió los libros de poemas O estadio do espello (1998), (Nós, as inadaptadas) (2002), accésit del Premio Esquío y Non queres que o poema te coñeza (2004), Premio Caixanova, convocado por el Pen Club de Galicia. Es autora, además, del poema largo Pérfida Erín, en edición digital (2001), y de la serie Atlas (2003). Ha coordinado los volúmenes A poesía é o gran milagre do mundo (2001), muestra de poesía gallega contemporánea traducida al inglés, y Damas Negras (2002), antología de letras de canciones interpretadas por mujeres afroamericanas.
______________________________________

(INTENCIÓNS)

Non levo té nas palmas pero teño unhas xemas
que poden rebentar en calquera momento.
Asisto á prehistoria das raíces
e os meus dedos ensaian a caricia só porque non te poden rabuñar.
Con auga da traída
preparo unha infusión de finísimas herbas
e o verde leva un nome proscrito de muller, de maría, de min.
Tamén quero casar pero non teño roupa.
Por iso ás veces penso no xabrón do lagarto,
nas eventualidades, miña nai:
enxugar outra vez a saia coa que andaba perdida por aí
(igual que a carolina íspome polos pés).
Primeiro eu almorzaba malas herbas ata un fondo chamado última gota
e logo
así fregaba a louza, así, así,
mesturando na lingua memoria con desexo.
Imito a voz de isolda,
lamento o meu destino moito máis torpemente que luísa
insisto (sempre insisto) en preguntar,
coas miñas mans tan brancas
sumidas nos cacharros máis profundos.
Podía demorarme en refregar a carne contra tódolos concos
para apañar os restos dun pouso tan acedo como inútil.
Pedín xogar a bico, verdade ou consecuencia
pero non me deixaron.
Así pasaba o ferro, así, así
coa traizón dos outros incendiándome o pulso,
e emprendía reformas nese cuarto que por desgracia todos levamos dentro
ou tapaba as goteiras dun faiado
que ardera sendo eu inmediatamente anterior na orde do tránsito.
O braseiro e a decadencia son case a mesma cousa.
Sorprendeume entre os dedos o espertar do remol
Porque me souben lúcida pero sentimental despois de todo.
Así berrei por fin, así, así,
solicitando asilo, pedra pómez, calquera circunstancia respirábel.

O estadio do espello, 1998


(INTENCIONES)

No llevo té en las palmas pero tengo unas yemas
que pueden estallar de uno a otro momento.
Viajo a la prehistoria de todas las raíces
y mis dedos ensayan la caricia sólo porque no pueden arañarte.
Con el agua del grifo
preparo una infusión de finísimas hierbas
y el verde lleva un nombre proscrito de mujer, de maría, de mí.
También quiero casarme pero no llevo ropa.
Por eso a veces pienso en el jabón,
en la que se avecina, madre mía:
enjuagar otra vez la falda con la que iba por ahí
(soy de las que se visten por los pies).
Primero desayuno malas hierbas hasta un fondo llamado última gota
y así friego la loza, así, así,
mezclando la memoria y el deseo en la lengua.
Imito la voz de isolda,
lamento mi destino mucho más torpemente que luisa
insisto (siempre insisto) en preguntar,
con mis manos tan blancas
sumidas en los platos más profundos.
Podía demorarme en restregar la carne contra todos los cuencos
por recoger los restos de un poso tan amargo como inútil.
Pedí jugar a beso, verdad o consecuencia
pero no me dejaron.
Así planchaba, así, así
con la traición ajena incendiándome el pulso,
y emprendía reformas en el cuarto que por desgracia todos llevamos dentro
o tapo las goteras de un altillo
que ardió siendo yo inmediatamente anterior en el orden del tránsito.
El brasero y la decadencia personal son casi la misma cosa.
Me sorprendió en los dedos la aurora de un rescoldo
porque me supe lúcida pero sentimental después de todo.
Así grité por fin, así, así,
solicitando asilo, piedra pómez o cualquier circunstancia respirable.

El estadio del espejo, 1998

 
fan.jpg (2987 bytes)_________________________________
 
FORMA E CONTIDO

Que o sangue chama á porta, que me deitas.
Tés o millo na man, a forza é miña.
Eu déixome caer. Na mesa o corpo atopa
a única dimensión que lle faltaba.
Non desexo a caída senón a permanencia
(quen come o pan da mesa
ignora esta consigna. Só me deito na mesa
con quen sabe deixar os versos
para o postre. A carne é o que falta por dicir).

O millo gaña peso en vertical
e a suor perde o medo no meu corpo.
Pero non levo escudo, só a dureza do mármore
sen vetas. O seu frío sen vetas por detrás.
Que o corpo loite a morte
para facer do mármore o seu único inverno.
O pan e os nomes rompen o papel:
o fume que non trago,
a cinza que non puido esquecer o seu lume,
a borra do café no fregadeiro
o millo erguido e quente na túa man.

Esta vez a escritora a penas se censura.
Deixará que o poema siga a súa propia forma,
que é a da roupa caendo.

As fendas abren euros na parede.
Dilátase a madeira, o mar estoupa,
medra o meu propio chan, ti baloreces.

A nada nos teus dedos, eu na punta.

Non queres que o poema te coñeza, 2004.

 
FORMA Y CONTENIDO

Que la sangre golpea, que me acuestas.
La mazorca en tu mano, en mí la fuerza.
Yo me dejo caer. Sobre la mesa el cuerpo
da con la dimensión que le faltaba.
No busco la caída sino la permanencia
(quien come pan encima de la mesa
ignora esta consigna. Me acuesto nada más
con quien sabe dejar los versos
para el postre. La carne es lo que resta por decir).

El maíz gana peso en vertical
y el sudor pierde el miedo sobre el cuerpo.
Pero no llevo escudo, nada más la dureza
del mármol sin las vetas.
Su frío sin las vetas por detrás.
Que el cuerpo luche a muerte
para hacer de ese mármol su invierno decisivo.
Los nombres entre el pan rompieron el papel:
el humo que no trago,
la ceniza no pudo olvidarse del fuego,
la borra del café en el fregadero
el maíz levantado, caliente entre tus dedos.

Esta vez la escritora apenas se censura.
Dejará que el poema siga su propia forma,
que es el de la ropa desvistiéndose.

Las fisuras abrieron euros en la pared.
Se hincha la madera, el mar explota,
crece mi propio suelo, te humedeces.
La nada entre tus dedos, yo en la punta.

No quieres que el poema te conozca, 2004.

fan.jpg (2987 bytes)_________________________________
 
MARTE

A X.

Non hai sexo entre iguais, dixo o filósofo
e ergueu o dedo índice.
¿Era unha acusación?,
preguntou a rapaza en voz moi baixa.

O rapaz limitábase a escoitar.
Pasou algo de tempo. Logo dixo:

O futuro, en xeral, non me interesa moito.
O futuro é unha orde de esperanzas.
Pero o pasado, engade, o pasado está aí.
O pasado inventámolo entre todos.

¿E por que non facemos
o mesmo co futuro?,
dille ela erguendo a voz.

¿Por que non inventamos o futuro?
El le ciencia ficción, resolve enigmas:

Os xeólogos non saben cómo era de profundo ese suposto mar, nin sequera se foi tan só unha poza. E tampouco saben se estes depósitos de auga salgada existiron noutras zonas de Marte, nin cando xurdiron, nin cando desapareceron.

Como o vaso ten viño,
temos tempo.

E unha visión do inferno desde arriba:
moita calor no corpo,
os mares por debaixo.

(En Marte o Paraíso tamén queima).

O demo hai que tocalo,
está entre as cousas.

O lobo ensina os dentes,
pero sabe deterse
xusto antes de morder.

Ela vai a simposios, escoita conferencias:

O límite é o verdadeiro protagonista do espacio. O presente, outro límite, é o verdadeiro protagonista do tempo.

¿Cres que nos poderemos entender?
¿Onde?, preguntou el
con ousadía.

Antes de dar a volta, ela pensou:
"A eternidade é o estilo do desexo".

(inédito)

 
MARTE

A. X.

No hay sexo entre iguales, dijo el filósofo
y levantó su índice.
¿Era una acusación?,
preguntó la mujer en voz muy baja.

El joven se limita a prestar atención.
Deja pasar un rato. Después dice:

El futuro, en principio, no me interesa mucho.
El futuro es un orden de esperanzas.
Pero el pasado, añade, el pasado está ahí.
El pasado lo hacemos entre todos.

¿Y por qué no inventamos
el futuro?,
le dice la mujer y alza la voz.

¿Por qué no hacer lo mismo, pero con el futuro?

Él lee ciencia ficción, resuelve enigmas:

Los geólogos no saben cómo era de profundo ese supuesto mar, ni siquiera si fue sólo una charca. Y tampoco saben si estos depósitos de agua salada existieron en otras zonas de Marte, ni cuándo surgieron, ni cuándo desaparecieron.

Como el vaso tiene vino,
tenemos tiempo.

La visión del infierno desde arriba:
el calor en el cuerpo,
los mares por debajo.

(En Marte el Paraíso también quema).

Toquemos al demonio,
está en las cosas.

El lobo abre la boca,
pero sabe pararse
justo antes de morder.

Ella asiste a simposios, escucha conferencias:

El límite es el verdadero protagonista del espacio. El presente, otro límite, es el verdadero protagonista del tiempo.

¿Tú crees que nos podremos entender?
¿Dónde?, preguntó él
con osadía.

Antes de dar la vuelta, ella pensó:
"La eternidad, estilo del deseo".

(inédito)


fan.jpg (2987 bytes)_____________________________
 
VENUS

A F.

O libro non ten sexo. O libro é unha árbore.
 
Ela era como o xeo da mañá.
El levaba un anel no dedo máis pequeno.

Non te quero fundir,
só quero ver a herba
debaixo do teu corpo.

E se temos ideas
é porque virá o xeo
rescatalas.

¿Que feito parte en dous a nosa historia
se non temos historia , só este verso?

Case non lembro a infancia.
Vou quedando durmido.
A cabeza pequena, sobre a mesa,
mentres os demais falan.

¿Era a lingua dos mortos,
a lingua dos teus mortos?

Non, e baixou a vista.

Era a lingua da escola,
era a lingua das máquinas.

Íntimo é unha palabra que se aplica
ao que está moi adentro.

Os poemas que gardo son os que non se pechan.

¿Ou os que non se abren?

Busco a lingua perdida,
a que me precedeu.

Se escribo ocupo o espacio.

¿Igual que os astrounautas?

Case igual, case igual,
pero sen a bandeira.

Sen cravala no chan,
sen erguela do chan.

¿Nin a que leva un río
atravesado?

Nin a do fondo negro.

Ao ler trémelle a voz.
Ao escoitar verque o viño sobre a mesa.

A vibración é o ritmo do desexo.

(inédito)


 
VENUS

A F.

El libro no tiene sexo. El libro es un árbol.
 
Ella era como el hielo antes del alba.
Él llevaba un anillo en el dedo pequeño.

Yo no quiero fundirte,
yo quiero ver la hierba
debajo de tu cuerpo.

Si tenemos ideas
es porque vendrá el hielo
a rescatarlas.

¿Qué hecho parte en dos nuestro pasado
si no somos historia, sólo un verso?

No recuerdo la infancia.
Voy quedando dormido.
La cabeza pequeña, encima de la mesa,
mientras los demás hablan.

¿La lengua de los muertos,
la lengua de tus muertos?

No, y bajó la vista.

La lengua de la escuela,
la lengua de las máquinas.

Íntimo es una palabra que se aplica
a lo que está muy adentro.

Los poemas que guardo son los que no se cierran.

¿O los que no se abren?

Busco lo que perdí.
La lengua me precede.

Si escribo ocupo el espacio.

¿Como los astronautas?

Casi igual, casi igual,
pero sin la bandera.

Sin clavarla en el suelo,
sin izarla del suelo.

¿Ni la que lleva un río
atravesado?

Ni la del fondo negro.

Lee. La voz le tiembla.
Escucha. Vierte el vino en la mesa.

La vibración, el ritmo del deseo.

(inédito)

fan.jpg (2987 bytes)_____________________________
 
POEMA DE AMOR

¿Cómo se estende a mancha?

(Igual que o amor)

Negar o azul é máis que nomealo.
Non falarei do mar: xa non se pode.

Para abolir o azar, dados redondos.
Os vellos e os cativos demóranse nos sucos.

Logo a pel tacha a pel
para esconder as partes vulnerábeis
ou vai pousando brancos por onde ninguén sabe.

A redeira abre as palmas.
Quere amosar as fendas.
O negro só chegou
para facer o dano máis visíbel.

As contraccións do parto
repiten a frecuencia que se escoita
por detrás das estrelas:

un ruxido de fondo, o non creado.

Fóra da terra o tempo abraza o tempo.

Cando estoupan as naves o universo dubida.

As pegadas fan quente a luz da lúa.
As galaxias expándense.

Algúns buratos negros aprenden a falar.

A conquista do espacio é reversíbel.
Os imperios non teñen interior.

O azul só ten lugar fóra do tempo.

[Poema escrito para Alma de beiramar, libro colectivo xurdido como resposta ao afundimento do petroleiro "Prestige" nas costas galegas, en novembro de 2002, catástrofe que deu orixe ao movemento civil "Nunca Máis"].
 

POEMA DE AMOR

¿Cómo se extiende la mancha?

(Igual que el amor)

Negar el azul es más que nombrarlo.
No voy a hablar del mar: ya no se puede.

Para abolir el azar, dados redondos.

Los viejos y los niños se detienen en los surcos.

Luego la piel tacha la piel
para esconder las partes vulnerables
o va posando blancos por donde nadie sabe.

La mujer de las redes abre las palmas.
Quiere enseñar las grietas.
El negro sólo llega
para hacer este daño más visible.

Las contracciones del parto
repiten la frecuencia que se escucha
detrás de las estrellas:
un ruído de fondo, lo no creado.

Fuera del mundo el tiempo abraza al tiempo.

Cuando explotan las naves el universo duda.

Las pisadas hacen cálida la luz de la luna.
Las galaxias se expanden.

Algunos agujeros negros aprenden a hablar.

La conquista del espacio es reversible.
Los imperios no tienen interior.

El azul sólo tiene lugar fuera del tiempo.

[Poema escrito para Alma de beiramar, libro colectivo surgido como respuesta al hundimiento del petrolero "Prestige" en las costas gallegas, en noviembre de 2002, catástrofe que dio origen al movimiento civil "Nunca Máis"].

 ©  María do Cebreiro
Este texto no puede reproducirse ni archivarse sin permiso del autor y/o The Barcelona Review. Rogamos lean las condiciones de uso.

navegación:    

 julio - agosto 2004  n° 43 

Narrativa

Juan Bonilla: Las cartas de Mónica
Patxi Irurzun: Ese tocho
Charles Kiefer: Rosa Rosarum

Diálogo

Golpes en la vida tan fuertes…
Golpes por autores y relatos
Eloy Fernández Porta y Vicente Muñoz Álvarez

Palabras del oficio

Francisco Casavella

Poesía

Galicia, mujeres poetas (1)
Chus Pato
María do Cebreiro

Nota de actualidad

Décimo aniversario Lateral y I Premio Lateral de Narrativa
Presentación de Mujeres Mirando al Sur

Reseñas

Fernando Iwasaki Ajuar funerario
Eloy Tizón La voz cantante
Djuna Barnes Poesía Reunida
Andrés Barba Ahora tocad música de baile
César Aira Las noches de Flores

Secciones fijas

-Reseñas
-Breves críticas (en inglés)
-Ediciones anteriores
-Envío de textos
-Audio
-Enlaces (Links)

www.BarcelonaReview.com  índice | inglés | catalán | francés | audio | e-m@il